DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
O pasado 20N conmemorouse o Día Universal da Infancia , un día para recordar e reivindicar os seus dereitos, entre eles, o dereito ao xogo. Por iso, o luns 21 quixemos reivindicar este dereito fundamental e inauguramos o I ERASMUS INFANTIL, no que cada nenx elixiu a clase á que quería ir a xogar no momento dos recunchos de xogo, compartindo así novas experiencias nun entorno non habitual, como é as aulas doutros compis. O xogo é o principal medio de descubrimento, experimentación, aprendizaxe e desenvolvemento dos nenos e nenas, sendo este a súa principal labor. Por iso, conmemoramos este día con esta actividade para dar a importancia que se merece á necesidade de xogo e movemento na infancia. Porque, como di César Bona: "Cando miramos a nenos e nenas os vemos como persoas que deben ser preparadas para a adultez. Pero a infancia é unha etapa en sí mesma, única e irrepetible, non deben deixar de ser nenxs para estar completos".