PAPEL RECICLADO PLANTABLE. 5 ANOS

O alumnado de 5 anos estivo inmerso na propia fabricación de papel reciclado dándolle unha nova vida a papeis usados e triturados. Tamén elxs mesmxs estiveron cortando en anaquiños pequenos papeis que ían ir directos ao lixo.

Realizaron un proceso de fabricación lento, respectando os pasos e os tempos, para crear un ECO producto final que levarían posteriormente para casa.

Engadiron ao proceso final unhas sementes de flores, neste caso da flor Reina Margarita. 

Fixeron o empaquetado xunto cunha ilustración representativa do que contiña o paquetiño e... directo para casa! 

Con esta actividades contribuímos ao Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño)
















Comentarios

Publicacións populares