COMEZAMOS O PROXECTO!

Hoxe todos e todas vivimos moitas sorpresas. A semana pasada en cada clase apareceu un aro, un aro que só non nos di moito, pero hoxe comprobamos que en total hai 5, que xuntos forman... OS AROS OLÍMPICOS! Estivemos falando sobre eles, e despois a cada clase tocoulle unha cor para pintalo e comezar a investigar sobre el! Ese foi o punto de partida do noso novo proxecto.

Ademais, tivemos a gran sorte de poder coñecer a unha medallista olímpica, Begoña Fernández, xogadora española de balonmano. Grazas o pai de Oier da clase de 5 anos A, entrenador de balonmano feminino, coñecemos a Begoña e a Cecilia, grandes xogadoras e loitadoras.

MOITAS GRAZAS ABEL POLA PARTICIPACIÓN E POLA OPORTUNIDADE DE QUE POIDAMOS COÑECER E APRENDER MÁIS SOBRE ESTE PROXECTO QUE ACABA DE COMEZAR,

¡QUE COMECEN OS XOGOS!










Comentarios

Publicacións populares