CONTINUAMOS CO PROXECTO. CHARLA EN 5 ANOS
O xoves 24 viñeron á escola a falarnos de deporte o pai de Carmen de 5anos A, Jero, e o seu sobriño Martín.
Esta charla está enmarcada dentro do proxecto escolar "Os Xogos Olímpicos" A semana pasada falárannos de BALÓNMAN e esta vez foi de FÚTBOL.
¿Queredes saber quen é Martín? e ¿ en que equipo xoga?
¿¿??
Martín Rafael ten 16 anos e xoga no Real Club Celta Xuvenil, é xogador na Selección de Vigo, na selección Galega e na selección Española sub-16.
Martín contounos como era a súa vida de estudante e futbolista, alentounos a loitar polos nosos desexos e a ter moita vontade para facelo, e díxonos que lle gustaba gañar (coma todos, non) pero o máis importante era divertirse mentres xogaba. Contounos que adestraba 4 DÍAS á semana e xogaba os partidos no fin de semana. E que todas as tardes se puña a estudar despois do adestramento!!!
Martín viunos visitar en muletas, xa que no último partido lesionouse e tivo que pasar por quirófano, fíxémoslle moitas preguntas sobre o seu equipo, cantos goles metera, mostrounos algúns dos seus trofeos.... ata nos contestou cando lle preguntamos se tiña moza...
E como todo xogador díxonos que soñaba con xogar na selección e algún día representar a España nos xogos olímpicos.
Jero contounos que deportes practicou ao longo da súa vida e como se divertía practicándoos.

¡¡¡¡Moitras grazas JERO e MARTÍN pola visita!!!!
Comentarios
Publicar un comentario