IMOS Á BIBLIOTECA
Cada mércores, os nenos e nenas de 3 anos B imos á biblioteca a ler un conto, ou dous, ou tres...! Viaxamos así por mundos fantásticos, aprendemos a relaxarnos, a respetar as normas que entre todos propuxemos para estar na biblioteca, gozamos do pracer da lectura, de novos espazos, compartimos...
É unha das actividades que máis nos gusta, por iso non dubidedes de acompañar aos vosos fillos/as polas tardes a partir das 16:00 e empregar o servizo de préstamo cos seus carnés.
Asemade, tamén podedes informarvos das novas da nosa biblio na seguinte ligazón: http://unratonabiblioteca.blogspot.com.es/.
Comentarios
Publicar un comentario