REALIDADE AUMENTADA

Coa chegada do Samaín, os nenos e nenas das clases de 3 anos aproveitamos para coñecer a realidade aumentada. Comezamos coloreando unhas cabazas, que posteriormente cobrarían vida!!. Unha vez coloreadas ao noso gusto, collimos o Ipad, e coa app QUIVER as nosas cabazas comezaron a moverse e a bailar! Cada debuxo único e orixinal. Mirade, mirade que abraiadiños/as quedamos.


Comentarios

Publicacións populares