VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS
Os nenos e nenas de 5 anos comezamos este curso unha nova viaxe, esta vez ao REINO DAS EMOCIÓNS, e así poder saber como nos sentimos en cada momento: se estamos contentos, enfadados, tristes...
E para iso, nesta viaxe vannos acompañar e guiar, os nosos amigos, DRAKO e ANDREIA...que nos trouxeron unhas caixas...e sorpresa...dentro había uns contos que nos van axudar nesta viaxe:
- O monstro das cores de Anna LLenas que tamén nos ensinou unha canción:
-A cola de dragón de Mireia Canals.
- Que tal estás? Anthony Browne.
Seguide atentos que seguro que temos máis sorpresas para mostrarvos!!!!
Comentarios
Publicar un comentario