DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz. Aínda que todo o ano estamos traballando neste sentido, convivindo, respectando, tolerando, sen violencia nin agresividade, cooperando, axudando... hoxe todos e todas no cole miramos cara o mesmo punto. 
Para conmemorar este día escribimos unha palabra que para nós representa a Paz nun globo e despois xuntámonos nuns aros olímpicos. Versionamos a canción que Gloria Estefan cantou nos Xogos Olímpicos de 1996 "Puedes llegar", e finalizamos intercambiando os nosos globos cun compañeiro/a.
Foi un momento curto pero moi bonito, onde as 5 cores non só representaban os xogos olímpicos, senón os soños, a amizade, os valores... E é que para alcanzar a Paz no mundo, debemos comezar por os nenos/as.








Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares