CANTO-CONTO 5ANOSA
EMPEZAMOS NOVA ACTIVIDADE NA CLASE DE 5 ANOS A "CANTO_CONTO" , TODO FOI A RAÍZ DE QUE A OIER LLE TROUXERAN UN CONTO E NOLO QUIXERA CONTAR A TODOS E TODAS.
A PARTIR DE AGORA, OS NENOS E NENAS QUE TRAIAN DE CASA, OS CONTOS QUE MÁIS LLES GUSTAN, LERANLLOS AOS SEUS COMPAÑEIROS /AS E A MESTRA!!!!!!!!!!!
MIRADE QUE BEN O FIXO OIER, ISO QUE AO PRINCIPIO ESTABA UN POUCO NERVIOSO, PERO ENFRONTOUSE AO PÚBLICO DA MELLOR FORMA, E ENCANTOUNOS O SEU CONTO "MONSTRO ROSA"
MIRADE QUE GUAPO OIER CO SEU CONTO E ACOMPAÑADO DO MONSTRO ROSA, UN DOS AMIGOS DA NOSA AULA!!!!
QUEREMOS QUE A AULA SEXA UN ESPAZO PARA A CONFECCIÓN DE APRENDIZAXES, E COMO DI PIAGET, OS NENOS E NENAS NON SÓ ALMACENEN COÑECEMENTOS, SENÓN QUE OS CONSTRÚEN MEDIANTE A INTERACCIÓN COS OBXECTOS DO REDOR, NESTE CASO OS CONTOS.
ESTAS ACTIVIDADES AXÚDAOS A RELATAR, A CONSTRUÍR DISCURSOS, A DAR SIGNIFICADO ÁS VIVENCIAS, A ORGANIZALAS E ASÍ A COMPRENDELAS, A CONFIAR EN SÍ MESMOS, A REGULAR AS SÚAS EMOCIÓNS, E DESPOIS DE TODO ISTO, OS NENOS E NENAS ESTARÁN PREPARADOS PARA O PROCESO LECTO-ESCRITOR.
Ler e escribir non é unicamente vocalizar esas letras e reproduciras graficamente. É moito máis, é: comprender, interpretar, descubrir, crear e, sobre todo, desfrutar. (E. Ferreiro)
Comentarios
Publicar un comentario