CANTO-CONTO XI

Preséntovos a Amanda en CANTO-CONTO contándonos o conto clásico de Riciño de Ouro. Amanda é un pouco tímida, pero mirade que ben nos relata a historia, nótase que lle gusta o conto.
Tamén nos dixo que a súa nai e o seu pai foron o seu público ata que aprendeu a historia.

A literatura tradicional  forma parte da bagaxe cultural dunha sociedade, e do folklore infantil que acompañan o xogo e a actividade do neno e a nena desde os primeiros meses. 





Agora déixovos co conto:






Numerosos estudos demostran que os nenos/as que posúen bos hábitos lectores teñen menos dificultades na adquisición dos logros académicos, así fomentaremos o hábito de ler  desde idades temperás, aínda que ao principio “ler soamente sexa para o neno/a comentar as imaxes dun libro”.



Comentarios

Publicacións populares