DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, #8deMarzoNoCole, co motivo do Día Internacional da Muller, levamos a cabo uns talleres co obxectivo de "Coeducar cos Xogos Olímpicos". 

Porque queremos que cada neno e nena, poida manterse único/a, tal e como é. Non igual, nin diferente, senón único/a; que cada un poida elixir como quere ver e disfrutar do mundo, que poidan sobre todo... SER.

MOITÍSIMAS GRAZAS ÉRIKA (Ximnasia rítmica), JOSÉ RAMÓN (Pai de Clara de 5 anos B - ciclismo), LOLA (mestra de 4º - balonmán), ALBA (a nosa mestra de Inglés - baloncesto) e NOELA (Hockey patíns), por ensinarnos tantas cousas sobre os deportes, pero sobre todo por mostrarnos que:

"NENOS E NENAS SOMOS IGUAIS
QUEN NON PENSE ASÍ
AQUÍ ESTÁ DE MÁIS"


















Comentarios

Publicacións populares