APADRIÑAMENTO LECTOR 5 ANOS A E 2º A
ONTE, PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO, NA ESCOLA FIXEMOS OS APADRIÑAMENTOS LECTORES. EN QUE CONSISTE ISTO????
PRIMEIRO, A SEMANA ANTES DAS VACACIÓNS , OS NENOS E NENAS DE SEGUNDO VIÑERON A COÑECERNOS UN POUQUIÑO, CHARLAMOS CON ELES, CONTÁMOSLLE AS COUSAS QUE NOS GUSTABAN PARA ASÍ PREPARAR O SEU CONTO, E FIRMAMOS UN CONTRATO ONDE LIMOS O QUE TIÑAMOS QUE FACER CADA UN: PADRIÑOS/AS E AFILLADOS/AS.
E ONTE, VIÑERON A CLASE A BUSCARNOS PARA LERNOS O CONTO, FOMOS AO XARDÍN XA QUE FACÍA BO TEMPO, E QUE BEN O PASAMOS, GUSTÁRONNOS MOITO AS HISTORIAS.
E SEN SABELO PREPARAMOS O MESMO AGASALLO, INTERCAMBIAMOS UNS "MARCAPÁXINAS", PARA ASÍ NON PERDER NUNCA A PÁXINA DO LIBRO QUE ESTAMOS A LER. QUEREDES VER UNS DELES?????
FELIZ DÍA DO LIBRO...
Comentarios
Publicar un comentario