APADRIÑAMENTOS LECTORES, 1ª PARTE. 3 ANOS B E 5ºA
O último día do cole antes das vacacións foi moi movidiño! Unha das actividades que fixemos foi coñecer aos nosos padriños/madriñas lectores/as, os nenos e nenas de 5º A, xunto coa mestra Elvira.
Para iso fixemos unha actividade de aprendizaxe cooperativo: a tea de araña. A través deste xogo, presentámonos e destacamos algo de nós que nos gusta moito. Durante un ratiño formamos un grupo, no cal a colaboración de cada un de nós foi moi importante para poder crear a tea de araña.
Agasalláronnos cun corazón feito por eles.
Estamos desexando que chegue a segunda parte...
Comentarios
Publicar un comentario