CANTO CONTO XIV
A ÚLTIMA CONTADA DE CANTO- CONTO VEN DA PARTE DE TAMARA, CO CONTO CLÁSICO DA CINCENTA.
QUEREDES VE-LA???
E CON ESTE CONTO DESPEDÍMONOS ATA O ANO QUE VEN, PERO DEIXAMOS AQUÍ UNHAS RECOMENDACIÓNS PARA CONTINUAR NO VERÁN, E ASÍ NON PERDER O HÁBITO LECTOR QUE CONSEGUIMOS:
FAGA TEMPO PARA LER:durante os axitados meses do verán, pode resultar difícil atopar un momento pa ler. Reserve un momento tranquilo do día para ese menester.
TEÑA DIFERENTES TIPOS DE MATERIAIS DE LECTURA NA CASA: Para estimular a lectura na casa, teña diferentes formatos: revistas, contos, periódicos... tamén cousas divertidas como xogos de palabras, crucigramas infantiles...
O ABURRIMENTO ACÁBASE COS CONTOS: Axudalos a atopar os que lle parezan interesantes, divertidos ou que poidan facer tamén manualidades, receitas...
LER EN VOZ ALTA TODOS OS DÍAS: Con entonación, cambiando voces, con ritmo...
INCENTIVAR AOS SEUS FILLOS E FILLAS A APRENDER PALABRAS NOVAS: Buscando o siginificado e explicándolles como se usan.
ESCRIBAN MOITO: Con diferentes materiais e en diferentes formatos (carta, postal, poema...)
Pequena adaptación do texto de Colorín Colorado
Comentarios
Publicar un comentario