SAÍDA EXPOSICIÓN "IMAXINAR A EDUCACIÓN". FRANCESCO TONUCCI
Hoxe visitamos no Pazo da Cultura de Pontevedra a exposición "Imaxinar a Educación", do pedagogo, ilustrador, maestro e defensor da infancia, Francesco Tonucci (FRATO) .
A exposición encantounos, xa que ademáis de ver e aprender unha morea de cousas, foi todo moi lúdico: xogamos, experimentamos, construimos, descubrimos, manipulamos... Unha mágoa que se nos fixera tan cortiño, pois non puidemos experimentar en todas as zonas. Mais temos unha boa noticia! a exposición está ata o 11 de xuño (gratuita) polo que podedes ir cos vosos fillos e fillas e pasar un bo ratiño xuntos (http://axenda.pontevedra.gal/eventos/imaxinar-educacion-50-anos-frato-2/).
Sen dúbida unha exposición diferente, na que deixa SER e FACER.
Comentarios
Publicar un comentario