COMEZAMOS NOVO CURSO!


Despois de este tempo de descanso, voltamos coas pilas ben cargadas e con moitas ganas e ilusión para comezar unha nova andaina xuntos /as.

Temos novos proxectos, novos mestres/as, novos compañeiros/as, novos espazos, moitas sorpresas, emocións, aprendizaxes...

Recibimos cos brazos abertos a Natalia, a mestra que neste curso nos acompañará sendo a titora dos nenos e nenas da clase de 3 anos A. Raquel será a titora de 3 anos B, Tere de 4 anos A, Laura de 4 anos B, Silvia de 5 anos e Judit mestra de apoio e valores.

¡Desexamos que teñades un curso cheo de experiencias, aventuras e moita vida!


As mestras de Infantil


Comentarios

Publicacións populares