OBSERVAMOS O PATIO DE PRIMARIA. 4 ANOS
No Día Internacional da Infancia tivemos unha misión: Observar o patio de primaria.
Antes de disfrutar do momento do patio baixamos para observalo, sacarlle fotos e facer pequenas hipóteses sobre a qué podiamos xogar alí, xa que non íamos ter a area, o parque, cubos, carretillas, palas...
Así, descubrimos diferentes rincóns e chegamos á conclusión de que podiamos xogar os xogos de sempre: fútbol, escondite inglés, pilla-pilla, ao corro da patata, á castaña por detrás...
Xuntos xogamos e disfrutamos neste novo espazo.
Comentarios
Publicar un comentario