PINTEMOS A PAZ

Onte celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, ainda que todos os días traballamos por unha mellora da convivencia e da sociedade, pois sabemos que, como di Eleanor Roosvelt (defensora dos dereitos sociais) "Non basta con falar de paz. Un debe crer nela e traballar para conseguila".

Así, para conmemorar este día xúntamonos todos para recitar, acompañado de linguaxe de signos, o poema "Pintemos a Paz". Ademáis, cada clase consensuou unha palabra que representase para eles/as un valor tan amplo como é a paz, e acompañados cos signos cada representante foi expoñéndoas. Estas palabras serán a clave dunha actividade posterior que pronto veredes...




Comentarios

Publicacións populares