APADRIÑAMENTOS LECTORES. 4 ANOS
Nesta Semana do Libro, un ano máis levamos a cabo a actividade "Apadriñamentos lectores", tan enriquecedora e motivadora. Os nenos/as de 4 anos A compartiron momentos con 6ºA, e os de 4 anos B con 6ºB. Previamente coñecemos os nosos padriños e madriñas, compartindo as nosas preferencias sobre os contos, onde nos gustaría compartir a lectura, e agasalláronnos cun marcapáxinas. Este venres, compartimos a lectura no sitio do cole que eliximos e con todo o noso cariño regalámoslles unha pedra pintada, como pisapapeis.
Estivemos moi emocionados/as con esta convivencia compartida!.
Comentarios
Publicar un comentario