CONTINUAMOS CO PROXECTO

O curso está a rematar e o noso proxecto segue vivo, traballando para ese produto final que tanto soñaMOS.

Durante este trimestre traballamos na trascendencia a toda á comunidade educativa, producindo actos de presentación para nais, pais, Concello... 
Deste xeito, organizouse a Exposición de maquetas, preparouse unha visita ao Concello de Mos e organizáronse medidas de difusión do noso proxecto nas redes sociais e Internet.

Ademais, o pasado mes de maio, algúns representantes do Club de Convivencia acompañados do Equipo de Convivencia do cole acudiron ao Concello para presentar o proxecto a alcaldía e pedir a súa colaboración. A alcaldesa, Nidia Arévalo, xunto cos concelleiros/as de educación, cultura e urbanismo, comprometéronse co proxecto, feito que tivo repercusión en medios de comunicación como Faro de Vigo, entre outros.

Volvemos o curso que ven cunha misión final: executar o patio que tanto soñamos.







Comentarios

Publicacións populares