QUÉREME BEN. 5 ANOS B
Na clase apareceu unha carta, entre todos limos a mensaxe:
"Un antropólogo propuxo un xogo aos nenos/as dunha tribu africana. Puxo unha canastra chea de froitas preto dunha árbore e dixo que aquel que chegase primeiro gañaría tódalas froitas. Cando deu o sinal para que correran, tódolos nenos/as colléronse das mans e correros xuntos/as, despois sentáronse xuntos a gozar do premio.
Cando lles preguntou por qué correran xuntos, se só un podía gañar o premio, respondéronlle:
UBUNTU, CÓMO UN DE NÓS PODERÍA ESTAR FELIZ SE TODOS OS DEMAIS ESTÁN TRISTES?.
UBUNTO é unha palabra que significa "EU SON PORQUE NOS SOMOS", ou "SÓ GAÑAS SE TODOS GAÑAN".
A partir da lectura, mantivemos unha conversación sobre a importancia da unión, da cooperación, da empatía, do traballo en equipo, PORQUE XUNTOS/AS SOMOS UN EQUIPO.
Propuxemos un novo lema de grupo, QUÉREME BEN, e tomamos conciencia do significado.
Comentarios
Publicar un comentario