UNHA CAIXA É...

Unha caixa é... sinxelamente o que ti queiras que sexa!

Para apilar e destruír, arrastrar, entrar e saír, tapar e destapar, meter e sacar, amontoar, subir e baixar, romper, e convertila en todo aquilo no que a imaxinación nos leve.

Na clase de 5 anos B gozamos creando e imaxinando as nosas NON CAIXAS (coelliño, avión, carroza, coches...).

Porque as nenas e os nenos necesitan ben pouco para xogar, pensar, crer, imaxinar... Nesta época de agasallos, non lles fagamos crer que necesitan máis.













Comentarios

Publicacións populares