ACTIVIDADES DA SEMANA. 5 ANOS B

Durante esa semana levamos a cabo diferentes propostas e actividades:

No recuncho dos/as ARTISTAS creamos mandalas de inverno levando a cabo diferentes tipos de agrupamento: gran grupo, parellas e individual. A partir de estas creacións faremos un libro de mandalas para a nosa biblioteca de aula.








No recuncho dos/as PENSADORES/AS seguimos desenvolvendo o pensamento lóxico-matemático, xogando a facer repartos equitativos e traballando as decenas e unidades.








Continuamos traballando SOBRE e PARA a CONVIVENCIA, desenvolvendo a escoita activa e tomando conciencia da importancia de ésta. Así, entre algunhas das dinámicas xogamos a confundir historias, a partir do conto "Confundindo historias" da editorial Kalandraka, onde eleximos un conto e cada un deles/as vai contando un fragmento e os demais teñen que escoitar atentamente para corrixir o argumento en caso de confusión ou, pola contra, corroborar que esa parte está ben contada.





Previa semana á celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, seguimos co "Patio que creaMOS" pintando palabras pola convivencia e a paz. Entre todos/as decidimos escribir e pintar a palabra AXUDAR.





Comentarios

Publicacións populares