NADAL NO COLE
Ainda en tempo de Nadal, queremos compartir o noso último día no cole neste tempo de ilusión, felicidade, ledicia e uns poucos de nervios...
Chegou o día de entregar as nosas cartas, esas que fixemos pensando moi ben nas cousas que verdadeiramente desexamos, e de saudar as SSMM Os Reis Magos de Oriente. Despois degustamos o noso tradicional chocolate con rosca (grazas ao ANPA pola súa gran colaboración) e abrimos e compartimos os agasaios. Moitas grazas Reis Magos, aquí vos esperamos o ano que ven!.
Tamén tivemos un tempo para gozar cun taller de luces e sombras, que pronto vos contaremos...
FELIZ ANO!
Vémonos axiña...
Comentarios
Publicar un comentario