NOVO PROXECTO "LUCES, SOMBRAS E CORES"

No remate do 1º trimestre tivemos un acontecemento: alguén chamou á porta e ao abrila, un sendeiro iluminado levounos a unha instalación con luces e sombras. Despois de abraiarnos, gozar e facernos preguntas, fixemos na clase unha dinámica de pensamento VEXO, PENSO, PREGÚNTOME, onde saíron preguntas como: ¿QUÉ É A LUZ?, ¿E AS SOMBRAS?, ¿QUEN A FAI?.. 

Este é o inicio do noso novo proxecto “LUCES, SOMBRAS E CORES”, co cal pretendemos seguir afondando na experimentación, curisiosidade e descubrimento dos diferentes fenómenos científicos e naturais que nos rodean.


A partir dos intereses dos nenos/as, iremos levando a cabo diferentes investigacións e experimentos que iremos compartindo con vós.















Comentarios

Publicacións populares