PROPOSTAS SEMANA 5 ANOS
Esta semana nos recunchos levamos a cabo diferentes propostas, entre elas:
RECUNCHO ARTISTAS: crear un copo de neve con difeentes materiais para a nosa árbore do inverno.
RECUNCHO SABIOS/AS: traballamos coa palabra desta semana "Inverno", escribíndoa, contando as súas letras, debuxando o que nos suxire, pensando noutras palabras que comecen pola mesma letra, etc.
RECUNCHO PENSADORES/AS: Cántos hai? estimamos cántos policubos pensamos que hai no bote, escribimos o número que pensamos e debatimos entre nós as diferentes hipóteses. Despois contamos cántos había, traballando a táboa do 100 e o número xusto, co seu anterior e posterior, as súas decenas e unidades...
Comentarios
Publicar un comentario