ANIVERSARIO CARMEN E PROPOSTAS SEMANAIS. 5 ANOS B
Os SABIOS/AS xogaron cos dados de letras a crear palabras relacionadas co proxecto, primero en grupos cooperativos, pensando as palabras e constuíndoas con todos os dados entre todos (antes de que se nos acabase o tempo do reloxo de area), e despois individualmente, tirando un dado e escribindo nun soporte dado algunha palabra que comezase pola letra acadada. Estamos feitos uns grandes escritores!
No recuncho dos PENSADORES/AS seguimos desenvolvendo o pensamento matemático creando as familias dos números, do 0 ata o 99. Para iso, contruimos en equipo todas as familias e autocorrexímonos entre todos, para despois elixir unha familia e representala en papel de forma mais individual. Houbo quen xa quixo facer a familia do 100...!!
Os/as ARTISTAS continuamos envoltos en cores! facemos hipóteses sobre as cores do arco da vella, construimos un e investigamos sobre o número de cores que leva, cómo se forma... Tamén fixemos un novo experimento creando formas con leite e colorante! Para este experimento tan divertido soamente necesitamos uns poucos de ingredientes caseiros:
- Un recipiente con profundidade.
- Leite enteira ou yogurt natural.
- Colorante alimenticio.
- Xabón dos platos.
- Bastoncillos.
Por arte de maxia, ao tocar as cores co bastonciño mollado en xabón os tonos espárcense, únense e mézclanse creando una imaxe abstracta.
E como xa compartimos, gozamos dunha saída ao teatro e unha merenda no parque do Castro. A obra "Burbullas de papel" continuou enriquecendo o noso proxecto, dando lugar a diferentes conversas na aula.
Celebramos o aniversario de Carmen, que xa ten 6 aniños! festexámolo facendo zume natural, soplando as velas, cantando, bailando e gozando dunha exhibición de ballet, cumplindo así o seu desexo: POÑER NO COLE A ROUPA DE BALLET. Toda unha artista da danza!!
PARABÉNS COMPAÑEIRA! QUE SIGAS CUMPLINDO ANOS E DESEXOS Á VEZ.
Comentarios
Publicar un comentario