CLUB DE CONVIVENCIA
Por segundo ano temos no cole un organismo chamado "CLUB DE CONVIVENCIA" onde nenos/as de todas as aulas reúnense unha vez á semana para traballar pola mellora da convivencia no centro. Este órgano está formado por REPRESENTANTES das aulas (un/unha por aula), ÁRBITROS e MEDIADORES/AS. Nestes encontros, facemos propostas de mellora, debatimos e expoñemos aspectos relacionados coa convivencia, formámonos en aspectos tan importantes e necesarios como a mediación ou arbitraxe.
A principal finalidade é darlle VOZ , VOTO e RESPONSABILIDADE aos verdadeiros protagonistas do cole, OS NENOS/AS.
Convencidos da importancia que ten a resolución pacífica de conflictos, os mediadores/as teñen unha labor moi importante no patio, polo que o seu traballo é de gran recoñecemento. Neste momento atopámonos poñendo en marcha os recunchos de mediación no centro e no patio (de primaria). En moitas das aulas xa temos o noso propio recunho da paz ou da calma.
Na sesión de hoxe do club puxemos en coñecemento as novas: a partir de agora teremos nos patios un obxecto facilitador da palabra, co cal trataremos o conflicto a través de él (a boca); e entre todos poremos un nome ao novo recuncho da mediación que estará dentro do cole, no corredor principal.
Nas próximas sesións un será o escollido.
Continuaremos coas nosas novas...!
"Conflicto" non existe en galego.
ResponderEliminarhttps://www.amazon.es/Dicionario-Xerais-Primaria-Dicionarios-9788499140445/dp/8499140440/ref=sr_1_1?ie=UTF8&qid=1550691376&sr=8-1&keywords=diccionario+galego