PROPOSTAS DA SEMANA. 5 ANOS B
Nesta semana fixemos diferentes propostas nos recunchos e actividades no centro/aula:
EXPERIMENTO CIENTÍFICO: os exprimentos son grandes instrumentos, non só porque se teña que seguir unha serie de pasos secuenciados para chegar a un resultado, senón porque a través del os nenos/as atopan asombro, xurden preguntas, hipóteses, fomentan a curiosidade e atopamos respostas.
Así, convertémonos en grandes científicos e continuamos aprendendo co noxo proxecto, realizando un experimento de CORES, ao cal puxémoslle o título "ARCO DA VELLA".
Os materiais que necesitamos son: gafas de científicos, platos, lacasitos, auga, e paciencia.
QUE NECESITAMOS PARA PODER VER?: despois de debatir e facer hipóteses sobre o que realmente se necesita, escribimos por equipos e con diferentes letras o que necesitamos para ver, OLLOS OU VISTA E LUZ, a cal xa sabemos que pode ser de dous tipos, natural e artificial.
TALLER DE GRAFISMOS: divertímonos tirando o dado e creando trazos peludiños.
VIDEOCLIP POLA PAZ E A CONVIVENCIA: para a conmemoración do Día da Paz e da Non Violencia realizamos todo cole un videoclip coa canción escollida polo Club de Convivencia e que nos representará a partir de agora "Eu teño alguén", de María Fumaça.
Pronto verá a luz...
MOMENTOS LECTORES QUE TANTO NOS ENCANTAN
MOMENTO PROXECTO: por equipos e de forma cooperativa buscamos información nos Ipads sobre as diferentes fontes de luz. Cada equipo tiña que buscar e escoller dúas imaxes de luz natural e dúas de luz artificial, coa finalidade de elaborar un mural posterior con toda a información atopada. Unha pescuda moi completiña!.
Comentarios
Publicar un comentario