ACTIVIDADES DA SEMANA. 5 ANOS B
Nesta semana de Entroido levamos a cabo diferentes actividades:
No recuncho dos SABIOS/AS seguimos alfabetizándonos, traballando coa palabra la semana. Xa hai quenes se animaron a escribila en minúscula...
Os PENSADORES/AS levamos a cabo unha tarefa de busca de diferencias, primero de forma individual e despois en grupos creamos unha con diferentes elementos, sendo o resto de compañeiros os que tiñan que atopalas. Un traballiño bastante complexo, mais non imposible!.
Nos ARTISTAS divertímonos con Tullet e o seu xogo ¡A DIBUJAR!, traballando o grafismo de forma creativa. O xogo consiste en ir levantando e cartas e realizar o debuxo que nos diga e da forma que nos indique. Por exemplo: barco/moitas veces. De forma que o debuxo vaise ampliando levantando as cartas. Así creamos un lienzo único e moi divertido.
Continuando co proxecto, e tras a exposición de Carmen e as sombras chinescas, aprendemos a representar diferentes animais coas mans a través dun teatriño de sombras.
Despois, por grupiños, elaboramos un teatro de sombras con diferentes elementos: cada membro do grupo escollía uns personaxes, inventaban a historia entre o grupo e a representaban para a clase.
Foi todo un éxito!!
E coma non, tivemos tempo para gozar das ordes do meco e dos talleres de maquillaxe.
Comentarios
Publicar un comentario