ENTROIDO 2019
Nesta semana gozamos coas ordes do meco, dos talleres de maquillaxe e da festa do entroido coma colofón.
O venres fixemos un taller coa finalidade de decorar o patio verde en relación co proxecto, onde, a través da luz e do sol, teremos diferentes sombras de cores. Para iso, fixemos diferentes mezclas con auga e colorante nunhas botellas e, a través das súas hipóteses, foron saindo diferentes mezclas. Despois merendamos conxuntamente as delicias de entroido, xogamos, desfilamos, bailamos e xulgamos a quima ou absolución do meco, saindo maioría absoluta a súa queima.
Aquí tedes un pequeno resumo.
Comentarios
Publicar un comentario