PROPOSTAS DA SEMANA. 5 ANOS B

Estas son algunhas das actividades que levamos a cabo esta semana nos recunchos e no cole.

No recuncho dos SABIOS/AS fixemos unha proposta de asociación palabras-grafías, de forma cooperativa e individual, cunha gran motivación polas letras minúsculas!.

Tamén consensuamos a palabra desta semana, saíndo por maioría absoluta POESÍA, e traballamos a partir dela.






As PENSADORAS e PENSADORES levamos a cabo operacións, neste caso sumas manipulativas, cos dados dobles, iniciándonos nos símbolos destas operacións levando así a cabo sumas de forma "oficial".




Nos ARTISTAS fixemos unha manualidade dunha mariposa para a nosa árbore de primavera (a partir dun experimento que cores que xa fixemos anteriormente). E continuamos coa creación de mandalas, neste caso coa temática da primavera, para seguir contribuindo a creación do noso álbum de mandalas.





Ademais, neste mes de Marzo, mes da poesía, o equipo de apoio á biblioteca propuxo unha actividade que nos encanta, as poesías sorprendes, que consiste en recitar polas clases poesías de forma sorpresa. Así aprendemos a rima con movemento "Cocodrilo" de Tamara Chuvarovsky e fumos polas clases a recitala.



Comentarios

Publicacións populares