DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
O xoves día 2, co gallo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, tivemos a presentación do videoclip realizado no Día da Paz, o noso himno do Club de Convivencia, "Eu teño alguén".
Porque ter a alguén no corazón significa que amosamos empatía, cariño e respecto. Ter a alguén no corazón significa que estamos unidos/as.
Cada vez que interpretamos esta canción de María Fumaça (grazas polo seu consentimento), lembramos que todos e todas somos dignos de recibir amor por parte dos demais.
Todxs xuntxs podemos vencer ao acoso!
Dende o centro, invitámosvos a que sempre lle digades a alguén: eres o meu amigo, eres a miña amiga, non estás só, non estás soa.
Comentarios
Publicar un comentario