DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA 2

Con motivo do Día Internacion da Infancia (e cando o tempo nos deixou) tamén levamos a cabo a actividade do cambio de roles nos patios, xa popular no cole e que segue sendo un éxito.

Os peques de Infantil gozaron así do seu primeiro Patio Colectivo, coa colaboración do alumnado mediador do centro (dentro do proxecto do Club de Convivencia).

O recuncho de disfraces e os xogos co paracaídas foron os máis solicitados. 

Unha gran experiencia que implica non só conmemorar un día importante no calendario, senón que abarca unha continuidade no centro e unha relación significativa cos nosos diversos proxectos.

Porque o xogo é un DEREITO, o voso xogo IMPORTA!!











Comentarios

Publicacións populares