O SAMAÍN. 3 ANOS B

Nesta semana de Samaín fixemos diferentes actividades relacionadas con esta conmemoración, celebrada no cole o pasado mércores 30 de outubro.

Entre elas, a nosa mascota Robi apareceu unha mañá dentro dunha caixa negra cunha obra de arte e unha dinámica de pensamento: "Vexo, penso, pregúntome", coa que estivemos traballando para dar resposta as nosas primeiras observacións e preguntas. Descubrimos que era a obra O grito de Munch, falamos sobre esta emoción, a dramatizamos, xogamos e convertémonos nos propios protagonistas da obra.

Tamén bailamos e cantamos a canción "O Samaín" de Uxía Lambona e a Banda Molona; traballamos a atención e a simetría coas caras das cabazas e iniciámonos no uso das teconoloxías experimentando coa realidade aumentada.

Observamos a exposición de cabazas do cole, gozamos do acto conmemorativo e descubrimos o proxecto de centro de este curso: "Nos mundos de Xulio Verne".


Pasámolo de MEDO!!!

Mirade, mirade...


Comentarios

Publicacións populares