PROPOSTAS SEMANAIS. 3 ANOS B.
Prepararnos para a lecto-escritura lévanos a traballar e desenvolver unha serie de conceptos previos que favorezan a maduración dos peques, entre eles o desenvolvemento psicomotor, a orientación espacial, a grafomotricidade...
Así, desenvolvemos algunhas propostas para potenciar o sentido da direccionalidade, adquirir maior dominio na estructura do espazo, hábitos correctos de presión e prensión sobre diferentes obxectos e soportes, traballando a coordinación óculo-manual, e coordinando os movementos de arriba-abaixo, esquerda/dereita...
Entre as propostas levadas a cabo nos diferentes recunchos nesta semana están:
Trazos verticais (de arriba-abaixo) partindo das follas e simulando que caen.
Construción de torres con diferentes materiais xa coñecidos,desenvolvendo tamén o traballo en equipo.
Creando diferentes tipos de trazos, moi motivadxs facendo trazos sen parar! cos nosos dedos, xices e auga.
Comentarios
Publicar un comentario