AULA 3 ANOS B

A nosa mascota Robi xa viaxa de casa en casa, e despois de cada fin de semana compartimos cos compis as nosas experiencias, iniciándonos así nas nosas primeiras exposicións orais. 






Nestas semanas, das propostas das que gozamos foron, entre elas: experimentar coa mesa de luz (coñecendo e reforzando vocabulario de outono novo, traballado a motricidade fina e o recoñecemento de cores...); iniciámonos no conteo, traballamos a orientación espacial, a clasificación mediante cores, reforzando a nosa atención e desenvolvendo pouco a pouco a autonomía nas tarefas, o que nos leva a adquirir unha maior autoestima. E todo de forma cooperativa!







Conmemoramos o 25N- Día Internacional contra a Violencia de Xénero, reflexionando sobre este día, reforzando as nosas normas de grupo e compartindo o noso rexeitamento cara a violencia nun mural colectivo. Ademais, seguimos creando lazos afectivos entre nós, xa que para evitar a violencia é necesario crear convivencia. Fixemos a nosa primeira tea de araña, dicíndonos palabras bonitas, consolidando forzas, unión e cohesión de grupo. Para conseguilo, TODXS FOMOS IMPORTANTES!.





Como remate do mes de novembro, recompilamos os botes atmosféricos para contar e rexistrar a cantidade de días que tivemos as diferentes condicións atmosféricas: sol, chuvia, néboa, nubes... manipulando e levando a cabo a lóxica-matemática de forma significativa!.




Comentarios

Publicacións populares