NOMES E LETRAS. 3 ANOS B
Pouco a pouco ímonos aproximando ao mundo das letras, xa que están presentes en numerosos espazos da aula: gabetas, percheiros, nos nomes que empregamos para ver a asistencia, nos carteis das responsabilidades, nos contos e notas que lemos...
Algúns senten máis curiosidade e comezan a observalas e preguntar sobre elas. Profe! a teño na camiseta!! así, cada día motívanse buscando letras polas súas prendas e buscando letras entre elxs. As letras únennos! porque Valeria comeza igual que Valentina, e Mateo igual que Mara, por exemplo.
Por iso, imos propoñendo actividades de acercamento a lecto-escritura partindo da palabra máis importante para elxs: os neus NOMES.
1- Discriminamos tapóns e letras, verbalizando (na medida das súas posibilidades) cualidades de ambas (cor, forma, letra que é...)
2- Cuantificamos- onde hai máis?, cántas letras haberá?, e tapas?
3- Comprobamos as nosas hipóteses de cantidade, facendo a correspondencia de un a un (unha letra e unha tapa), comprobando que o resultado era o mesmo.
4- Clasificamos o noso nome pola súa inicial, emitindo os seus sons, contando cantos comezaban pola mesma inicial ca nós, etc.
Noutras ocasións, ademais de ver as letras nas nosas prendas, buscamos se temos algunha letra en concreto (a do responsable da asemblea, por exemplo).
Desta forma, damos sentido e significatividade á lecto-escritura, mediante o xogo, acehgándonos aos ritmos individuais e centrándonos nos procesos e non soamente nos resultados.
Comentarios
Publicar un comentario