AULA 4 ANOS. "PROPOSTAS"
Ola familias,
máis exemplos de propostas que neste caso corresponden a esta semana.
Por unha banda tivemos a posibilidade de experimentar coas cores nas que a partir das primarias conseguimos moitas outras.
Noutra das propostas tivemos que reflectir o rexistro do tempo do mes de Xaneiro. Cada día imos tomando nota do tempo que vai, tanto na P.D.I. como nos botes do tempo (temos botes cos diferentes iconos do tempo atmosférico nos que imos poñendo un corcho en función do día que faga) e ao final de mes contabilizamos os días de chuvia, sol, névoa...
Por último, estivemos recoñecendo as diferentes letras do alfabeto. Para iso tirábamos á ruleta e con leds tiñamos que facer a forma das letras que nos tocaba. Foi súper divertido!
Comentarios
Publicar un comentario