AULA 4 ANOS. "NOVAS PROPOSTAS"

OLA FAMLIAS,

DENDE A AULA DE 4 ANOS QUEREMOS UNHA VEZ MÁIS, MOSTRAROS ALGUNHAS DAS PROPOSTAS QUE REALIZAMOS A SEMANA PASADA.

POR UNHA BANDA TIVEMOS QUE FACER TRASVASE DE SÓLIDOS, NESTE CASO GARAVANZOS. ACTIVIDADE COA QUE DESENVOLVEMOS A CAPACIDADE ÓCULO-MANUAL, A PSICOMOTRICIDADE FINA, A COORDINACIÓN MUSCULAR OU A ATENCIÓN ENTRE OUTROS ASPECTOS.

POR OUTRA BANDA, SEGUINDO COA LÓXICA-MATEMÁTICA, CONTIUAMOS A INTERIORIZAR CANTIDADE E GRAFÍA. NESTE CASO HABÍA QUE CONTAR OS SALTOS DE DIFERENTES ANIMAIS E ESCRIBIR A GRAFÍA DO NÚMERO CORRESPONDENTE.
NOUTRA DAS PROPOSTAS TIVEMOS QUE BUSCAR O NOSO NOME NA TARXETA E IDENTIFICAR OS OBXECTOS CUXO NOME COMEZA CON CADA UNHA DAS LETRAS DO NOSO, PARA POSTERIORMENTA MONTAR O NOSO NOME COAS PEDRAS. UNHA FORMA MÁIS DE  ADQUISICIÓN DA CONCIENCIA FONOLÓXICA.

Comentarios

Publicacións populares