NOVAS PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA
QUERIDAS FAMILIAS,
Ofrecémosvos unhas novas propostas por aulas e especialidades para este alongamento do tempo de confinamento. Son ideas que poden resultar de axuda para levar a cabo nesta semana, coa idea de ofrecervos máis para que teñades a próxima semana.
Por suposto, son totalmente voluntarias e opcionais, se ben sabemos que poden ser de axuda para as familias ou nenos/as que demanden diferentes actividades. Son na liña do noso traballo na aula, manipulativas e activas, se ben NON son primordiais.
Sí gustaríanos poder facer unha pequena proposta entre todos/as. Trátase dunha iniciativa que xa se leva a cabo por diversas zonas e coles e que seguro que coñecedes polos medios ou as redes. Trátase de realizar un arco da vella como símbolo de unión e de esperanza, e que podedes colgar nos balcóns ou ventás, para sentirnos un pouco máis preto. Podedes facelo cos materiais que teñades na casa e como máis vos guste. Os lemas son "Todo vai saír ben" e "Eu quedo na casa". Se podedes despois enviar a cada titora unha foto do neno/a co seu cartel ou debuxo (polos medios de comunicación habituais) faremos unha montaxe para publicar e sentirnos todos/as unidos nesta situación. Á idea é telas para comezos da próxima semana. Deixamos uns exemplos a modo de "inspiración".
O que realmente agardamos e que todos e todas estedes ben, en familia, con moita saúde y cheos/as de agarimo, o esencial nestes momentos.
Mandámosvos todo o ánimo, a enerxía e a paciencia do mundo.
Unha aperta moi grande!!
¡Muchísimas gracias por todo este material!
ResponderEliminarMuchas gracias por todas las ideas y actividades aportadas,así da gusto!!trabajando desde ya en casa poco a poco.
ResponderEliminarBuenas ideas, intentaré poner las en práctica... Aunque todas es difícil... Mil gracias, mucho ánimo a tod@s!! 😘
ResponderEliminar