NOVAS PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA

Ola familias,
dende o equipo de infantil queremos achegaros novas propostas para esta semana, que lembrade que están por aulas e que son totalmente voluntarias. As propostas de Psicomotricidade e Atención Educativa son xerais para todo o alumnado. Estas serán as últimas de momento xa que durante a Semana Santa non imos a subir propostas.

        Queremos aproveitar para animar ás vosas fillas e fillos a que nos manden a foto do "Arco da Vella" que foi una das propostas comúns da semana pasada.
 Animádevos que ainda estades a tempo para participar no vídeo que se fará con todas as fotos!

        Tamén queremos que comencedes as mañás con ritmo e enerxía e para iso invitámosvos a facelo co tema "VIVIR" de Rozalén i Estopa. Unha canción que nos invita a vivir e ser feliz ainda que as circunstancias non o permitan moito.

        As profes de Infantil queremos unirnos a eses aplausos para todas as nenas e nenos que o están facendo tan ben e non olvidedes que grazas á vosa axuda conseguiremos vencer ao coronavirus.

Un saúdo das profes de infantil e moita forza!
                   
PROPOSTAS 3 ANOS




PROPOSTAS 4 ANOS




PROPOSTAS 5 ANOS




ATENCIÓN EDUCATIVA




PSICOMOTRICIDADE

Comentarios

Publicacións populares