PROPOSTAS SEMANA 11-15 DE MAIO
Familias e nenxs, benvidxs a unha nova semana telemática.
Compartirmos con vós as novas propostas semanais por aulas e especialidades, para realizar cos peques nestes días, sempre de xeito opcional e incorporando as modificacións que consideredes oportunas. Premando nas imaxes accederedes ao contido das mesmas.
O primeiro, invitámosvos a realizar unha actividade experimental que poden levar a cabo todxs os nenxs do ciclo, independentemente do curso e idade. Prema na primeira imaxe para acceder á explicación completa. Agardamos que teñades grandes observacións, pequenxs científicxs!
Por outra banda, recordarvos que aínda estades a tempo de participar nos debuxos da actividade da semana pasada relacionada coa conmemoración do Día Contra o Acoso Escolar, así como na actividade proposta pola Biblioteca Escolar, "unha cita en galego", co gaio das Letras Galegas: https://unratonabiblioteca.blogspot.com/2020/05/unha-cita-en-galego.html
Apertas virtuais con moito agarimo das vosas mestras!
Comentarios
Publicar un comentario