AULA 5 ANOS. "MÁIS PROPOSTAS"

Estas son algunhas das propostas de estas últimas dúas semanas. 

Fixemos a descomposición do número 4, completamos un quebracabezas de 100 pezas con sorpresa final, para o cal nos tivemos que poñer unhas gafas máxicas, seguimos traballando na grafomotricidade fina, esta vez por medio da costura e resolvimos xogos de lóxica-matemática.

Tamén tivemos tempo de ler, construír e escribir palabras grazas a nosa caixa dos sons, fixemos construcións non recanto STEAM, representamos unha tormenta de outono con lá e por último, escenificamos un conto que nos encanta como é "Monstruosa Sorpresa".

Comentarios

Publicacións populares