MÁIS MOMENTOS EN 4 ANOS B
Aquí vos deixamos algunhas das últimas actividades e propostas . O noso proxecto de centro xa votou a andar e axiña teredes nova información para que vós, familias, tamén podades formar parte de él.
Construimos un puzzle de 35 pezas relacionado co mundo animal. Ademais ten sorpresa! pois temos que atopar os elementos que figuran nel, traballando entre outros aspectos, a atención, expresión e vocabulario, cooperación, persistencia, orientación...
Encántanos facer puzzles en equipo!
Continuamos os momentos artísticos con Yayoi Kusama, esta vez facendo unha instalación interactiva simple, simulando a existente no Queensland Gallery of Modern Art en Australia. Primeiro a facemos nun simulador na PDI e despois de forma vivencial.
Xa temos diversas creacións inspiradas na artista para facer o noso propio museo!
Representamos diferentes animais e outras figuras a través de modelos dados e diferentes pezas. Orientámonos no espazo, pedimos axuda aos compañeirxs, discriminamos tamaños e cores e poñemos moita atención!
Buscamos formas xeométricas representadas en obxectos da clase e incluso en nós mesmxs! xogamos a buscar e clasificar. Non se lles escapa unha! Despois, practicamos as diferentes figuras xeométricas (triángulo, círculo e cadrado) con gomets e rotus de cores sobre o papel, poñendo a cada forma na súa "casiña".
Unha das sesións semanais é o momento de múscia e movemento, acompañados da profe Ari, onde facemos actividades de adiviñar sons de diferentes instumentos, facemos ritmo son saltos, discriminamos entre son e silencio, imitamos secuencias rítmicas co noso corpo ou, como vedes na fotografía, nesta ocasión facemos acompañamento rítmico mediante a percusión. Desenvolvendo así o sentido do oido, o ritmo, a memoria auditiva, o gusto pola música, os tempos de espera...
Coñecemos que existen animais domésticos e animais salvaxes, e a través dos que temos na clase, facemos clasificacións entre eles.
Ademais, comprobamos que moitas veces temos animais na nosa roupa, e cando é así, pedimos á profe Laura que faga unha foto para imprimir e clasificar. Xa temos moitos animais, pero observamos que case sempre son as mesas especies as que están na nosa roupa e nas nosas mascarillas!
Que ben o pasamos cada mañá con esta actividade!!
Neste últimos días, un dos nosos compañeiros acompañounos desde a casa, e non queremos rematar sen decirlle que estamos desexando telo de novo na clase para decirlle que é un gran campión!
Comentarios
Publicar un comentario