APADRIÑAMOS UN PINGÜÍN
Nesta semana tivemos unha sorpresa e misión moi importante: ser elixidos como padriños/madriñas dun pingüín chamado EMPERADOR.
Co diploma que nos chegou ás aulas de Infantil dende a Antártida, unirémonos a esta iniciativa axudando e comprometéndonos co coidado do medio ambiente, para que, de esta forma, entre todxs poidamos facer do planeta Terra un lugar máis limpo, saudable e equilibrado coa natureza.
Continuamos aprendendo sobre os animais e sobre esta especie tan curiosa que está en perigo de extinción, e o máis importante, contribuíndo á súa conservación.
Comentarios
Publicar un comentario