ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022
Para un curso diferente, unhas portas "abertas" diferentes.
O proceso de admisión para o novo alumnado dará comezo o vindeiro 1 de marzo ata o día 20 (ambos inclusive).
Por mor da COVID, este curso non haberá xornada de portas abertas presencial. Pola contra, estaremos encantadxs de atendervos a través de contacto telefónico no horario indicado, para resolver as vosas dúbidas sobre a nosa escola ou ofrecervos toda a información necesaria sobre o propio proceso de admisión.
Ademais, estade atentxs porque poderedes acceder a unha visita "virtual" proximamente.
Comentarios
Publicar un comentario