ENTROIDO 2021
O pasado venres festexamos o Entroido, e, ainda que dunha forma un tanto diferente a outros anos, gozamos igualmente do tradicional desfile e baile de entroido, lucindo os nosos disfraces relacionados co proxecto do cole "Seguindo as pegadas".
Ademais, puidemos gozar na xornada vendo desfilar a todxs os compis do cole de forma virtual.
A música empregada para o desfile de cada clase foi:
3 anos A: Glu, glu, glu (Mamá Cabra)
3 anos B: A vaca amarela (Pelo Gato 24)
4 anos A: De festa (Uxía Lambona e a Banda Molona)
4 anos B: Jerusalema (Master KG ft Nomcebo)
5 anos: Vengan todas las aves (RIO)
Tamén participamos nun concurso de receitas de Entroido, desenvolvendo a nosa creatividade, levando a cabo diferentes e variadas propostas.
Mirade, mirade que ben nos quedaron... e o máis importante non foi o resultado final, senón todo o traballado e gozado no proceso.
Pola nosa participación, levamos un premio da man do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares: un libro sobre os animais! para o noso banco de recursos da biblioteca de aula e para empregar como ferramenta de investigación para seguir ampliando os nosos coñecemos do proxecto.
Aquí vos deixamos a nosas receitas:
3 ANOS A
3 ANOS B
4 ANOS A E B
UNHA RECEITA MOI ARTÍSTICA
5 ANOS
Comentarios
Publicar un comentario