8M E SEMANA DA PRENSA. 4 ANOS B

Neste mes conmemoramos no cole dúas datas importantes coas que levamos a cabo diferentes dinámicas e tarefas: o Día Internacional da Muller (8M) e a Semana da Prensa (do 8 ao 12 de marzo).

O luns 8 de marzo, apareceu na clase unhas pegadas dun animal (axiña recoñecemos que eran dun gorila) que nos levaron a unha caixa misteriosa, a cal contiña un código QR, un libro e un pequeno gorila.

Así coñecemos a DIAN FOSSEY, unha das primeiras investigadoras e protectoras de gorilas, adicando moito tempo da súa vida PARA e CON estos animais. 

De esta forma, inaugurabamos na clase o I CLUB DE LECTURA FEM do cole, tratando de mostrar lecturas onde a muller e a nena estén presentes (para máis información pinchada neste enlace do blog de Convivencia do centro: https://convivindonaburbulla.blogspot.com/2021/03/i-club-de-lectura-fem.html)


A partir deste descubrimento, fixemos diversas actividades que xiraron arredor do papel da muller na sociedade, achegándonos a diferentes referentes, e coñecendo en profundidade á científica de primates, Dian Fossey, vinculada co proxecto de centro "Seguindo as pegadas".

1. CÍRCULOS RESTAURATIVOS (PRÁCTICAS RESTAURATIVAS): porque os círculos crean comunidade, igualdade e confianza, axudando a construír conexións e pertenza ao grupo. Para levar a cabo estos círculos necesitamos tres cousas:

- Obxecto facilitador da palabra: neste caso unha bola expandible.

- Guía:  a mestra, a cal da a palabra e dirixe ao grupo para a escoita empática.

- Preguntas: as preguntas escollidas para traballar en diferentes sesións foron:

¿Quen é unha muller importante para ti e por qué?

¿Qué queres e podes ser cando sexas maior e por qué?


2. NUBES DE PALABRAS: tras o coñecemento da vida de Dian Fossey, e tras as nosas respostas nos círculos, elaboramos en equipo estas nubes de palabras que falan de nós e do aprendido sobre esta científica, traballando así a competencia lingüística e o tratamento da información e a competencia dixital, empregando os recursos tecnolóxicos para obter e producir información.




3. DIAN FOSSEY E AS MULLERES DA NOSA VIDA: trasladamos a un debuxo ás mulleres importantes da nosa vida (mamá, avoa, mestra...), as cales presentamos nos círculos, para incluir no rostro de Dian Fossey e crear así un mural colectivo no centro, que estará nunha exposición conxunta. Tamén decoramos individualmente de forma creativa este rostro.





4. ELABORACIÓN DUN MAPA MENTAL: despois de observar un video e ler o libro de Dian Fossey,  recollemos aspectos importantes nun mapa mental, desenvolvendo as nosas habilidades de pensamento.




5. MULLERES NA PRENSA: manipulamos e traballamos cun novo soporte textual e informativo, a prensa, observando e buscando novas onde as protagonitas fosen mulleres, analizando posteriormente estas novas e reflexionando sobre o seu papel na sociedade, aprendendo que ser nena, neno ou calquera outra identidade non marca quen poidamos chegar a ser ou facer. 
E... toda unha sorpresa atopar á teacher Alba na prensa!! unha muller referente para nós.
Así entre todxs, creamos un mural coas nosas búsquedas e escribimos algunhas das profesións que representaban.




6. CREAMOS A NOSA PROPIA NOTICIA: despois de ir á horta a plantar para cultivar fresas, fomos creadores da nosa propia noticia. Todxs uns expertxs reporteirxs!!




Comentarios

Publicacións populares