AULA 5 ANOS. "XOGOS DE MESA"

 Dende a aula de 5 anos, queremos mostraros o ben que o pasamos xogando a diferentes xogos de mesa. 

É importante sempre atopar un momento para xogar. Os xogos de mesa son un bo motivo porque ademais de pasar un bo rato tamén aportan moitos beneficios como o desenvolvemento das capacidades motoras, mentais e sensoriais. Tamén favorecen a socialización, melloran a autoestima ou mostran como resolver problemas, elaborar estratexias e tomar decisións entre outros. 

Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra; conecta catro, parchís, tres en raia, jenga, oca ou un memorie que nesta ocasión fixemos de animias. 
















Comentarios

Publicacións populares